Continuamos coas Aulas Abertas

Admin GaliciaDigital
  • 9 de mayo de 2023
  • 0 Comments

No mes de abril retomamos as Aulas Abertas no centro penal de Monterroso. Motivar para aprender, para fomentar a curiosidade por SABER segue sendo o obxectivo final destos encontros que , cada vez, van sumando máis participantes.

O 12 de abril recibimos a visita do Club Breogán SAD representada por dous dos seus xogadores, Sergi Quintela e Sergi García, o entrenador, Verljko Mrsic e o Director Xeneral, Tito Díaz.

A Aula converteuse nunha tertulia na que puidemos afondar en aspectos moi interesantes, e claramente aproveitables, para moitos eidos da vida cotiá dentro e fóra de prisión: importancia do traballo en equipo como valor diferencial, afastar as particularidades individuais para traballar a unidade do grupo e os obxectivos comúns, poñer a atención no proceso e non tanto no resultado, a importancia de propoñerse obxectivos pequenos e alcanzables…

Na satisfacción de escoitar en palabras de Tito Díaz que o Breogán se atopa historicamente no seu mellor momento tamén deu lugar a unha reflexión moi extrapolable á vida en prisión: a importancia de manterse nun bo estado físico e emocional que nos permita ir avanzando. Sen dúbida o esforzo xunto con marcarse obxectivos realistas e alcanzables son dous piares básicos para chegar a ese mantemento.

Mil grazas a esta representación do Club por achegarse á prisión e participar con nós desta actividade.

Asistentes á Aula Aberta facilitada polo Breo

E do deporte, pasamos á loita obreira. As Aulas Abertas permítenos dar estos xiros temáticos. Así, o pasado 3 de maio abordamos este tema, aproveitando a recente data do 1 de maio, Día de tódolos traballadores e traballadoras.

Tivemos o gusto de coñecer a Xan Castro, que compartíu con nós a súa historia e a da Fundación 10 de marzo, que preside.

Esta data 10 de Marzo, conmemora os incidentes acontecidos no ano 1972, cando dous traballadores da Empresa Nacional Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, que se manifestaban polos seus dereitos, foron asasinados pola policía da ditadura franquista.

Foi moi interesante escoitar estas experiencias de loita persoal e política non só para mantelas vivas na nosa historia máis recente se non tamén para recuperalas como referentes de verdadeiro compromiso polo cambio e a xustiza social.

es_ESSpanish