Arrinca a nova fase do proxecto!

Admin GaliciaDigital
  • 13 de septiembre de 2017
  • 0 Comments

A Obra Social La Caixa aposta de novo polo proxecto de dinamización comunitaria na prisión de Monterroso. Xa levamos 7 anos de traxecto, nos que promovemos na comunidade penal (profesionais e presos) un proceso de reflexión sobre a súa realidade de vida e convivencia (2011 e 2013-2014), dos que derivou o Plan de Animación Sociocultural ao que damos continuidade nesta nova etapa. Dende o 2015 o Plan de Animación Sociocultural impulsa iniciativas que melloran os canles de información e coordinación interna, e que acrecentan as posibilidadades de participación en prisión, tanto dos propios reclusos como da cidadanía. Nesta nova etapa planifícase a realización dun curso de monitor de tempo libre, unha nova convocatoria de voluntariado para a incorporación de iniciativas do exterior, reforzar a incorporación da cadea nos circuítos socioculturais municipais, e saídas programadas. Tamén queremos continuar coa nosa aposta decidida pola reflexión en torno á educación en prisión, e xerar unha rede de traballo colaborativo entre as persoas implicadas neste terreo nas diversas prisións galegas.

es_ESSpanish