Aprendizaxe Servizo na prisión: colaborando coa Radio LibreMente

Admin GaliciaDigital
  • 2 de septiembre de 2022
  • 0 Comments

A Radio LibreMente, é un medio de expresión e comunicación social a través do que as persoas presas na UTE de Monterroso trasladan as súas opinións e experiencias, así como tamén un espazo no que abrirse á participación de persoas externas.

A través da metodoloxía de Aprendizaxe Servizo, contando coa colaboración de ECIGAL e a OCV da UdC, puidemos favorecer a participación de máis de case 70 estudantes que elaboraron coas persoas presas en tertulias sobre discursos de odio (materia de Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais, Mestrado de Políticas sociais e intervención sociocomunitaria), sobre o tempo libre e o ocio dentro de institucións penitenciarias (materia de Recursos e estratexias para a intervención no tempo libre, Grao en Educación Social), ou que actuaron como reporteiras/os externas elaborando podcast que poder integrar nos programas da Radio LibreMente (materia de Educación e medios de comunicación social, Grao en Educación Social).

Neste novo curso, contamos con poder replicar a experiencia, neste primeiro cuadrimestre a través do Grupo de investigación SEPA-interea da USC.

Á espera da autorización da Seccretaría General de Instituciones Penitenciarias, en breves contamos con poder difundir os programas alén dos muros da cadea.

A Radio LibreMente é impulsada pola asociación Aliad Ultreia, o Grupo SEPA-interea e ECIGAL, dentro do Plan de Animación Sociocultural do Centro Penitenciario de Monterroso que financia a Obra Social La Caixa.

es_ESSpanish