A tope coas reunións de coordinación

Admin GaliciaDigital
  • 30 de octubre de 2017
  • 0 Comments

Este proxecto caracterízase pola colaboración entre entidades cunha longa traxectoria de traballo, cada cal dende o seu ámbito de acción: a asociación Aliad Ultreia, dende a práctica profesional, con case 30 anos de experiencia en prisión, desenvolvendo proxectos de preparación para a liberdade; o Grupo SEPA-interea, dende o ámbito académico, cunha recoñecida traxectoria de investigación e formación na animación sociocultural, na dinamización comunitaria, na exclusión social, etc. Combinación ideal para o desenvolvemento dun proxecto coma este, que conta dende o inicio coa colaboración e a apertura a innovación do centro penal de Monterroso.

Neste último trimestre de ano tivemos varias reunións de planificación entre as entidades implicadas para concretar a proposta e poñela en marcha.

es_ESSpanish