Reunión do Comité Mixto

Admin GaliciaDigital
  • 21 de diciembre de 2017
  • 0 Comments

Tivemos unha reunión co Comité Mixto para a toma de acordos en relación ao desenvolvemento do proxecto. Dedicamos espacial atención ao impulso da nova convocatoria de acción voluntaria. Os presos membros do Comité propuxeron facer unha recollida de propostas entre os seus compañeiros, indagando sobre que actividades serían interesantes para eles.

As reunión co Comité son sempre unha oportunidade de aprendizaxe, de escoita e de aproximación de posturas, clave no desenvolvemento comunitario.

O Comité Mixto é o grupo encargado do deseño, coordinación e seguimento do Plan de ASC, conformado por representantes de todos os colectivos que se implicaron no proceso (persoas presas, directiva do CP, equipo técnico, persoal de vixiancia, entidades externas e universidade).

O devandito comité convértese nun espazo de diálogo entre colectivos, para a aproximación de posturas e toma de acordos. Este grupo: analizou os resultados do diagnóstico participativo, divulgou os resultados, analizou as propostas comunitarias, identificou as liñas de acción prioritarias, definiu o Plan de ASC, deseñou as ferramentas, acompañou a súa implementación, acordou a metodoloxía de avaliación e valorou os resultados.

es_ESSpanish