Dando vida á prisión dende a participación.

Admin GaliciaDigital
  • 5 de julio de 2018
  • 0 Comments

O tempo libre, concepto que en inicio ten connotacións positivas, pode converterse en prisión na tortura dun tempo baleiro e desprovisto de sentido. Afortunadamente, en ALIAD ULTREIA contamos cun VOLUNTARIADO TRANSFORMADOR que contribúe a encher os tempos de vida na cadea de oportunidades de educación e desenvolvemento persoal e comunitario. Club de cine, curso de habilidades comunicativas e de xestión da voz, obradoiro de música, obradoiro de títeres, radio comunitaria, colaboracións en actividades artísticas e deportivas, saídas programadas… Queres sumar a túa proposta?

Pero a prisión non se enriquece únicamente coas propostas de fóra. O grupo de Monitores de tempo libre ofrece este ano unha ampla oferta de actividades: atletismo, voleibol, gymkana, axedrez, actividades artísticas, etc. Actividades que serán dinamizadas por eles mesmos e contarán coa colaboración de persoas do exterior. Contamos con que monitores e participantes disfruten desta experiencia.

es_ESSpanish