Togo, de Trópico de Grelos, chamou un día a Aliad. Sabían do noso traballo en prisións e querían colaborar dinamizando un obradoiro de percusión no Centro Penitenciario de Monterroso, vinculado ao Plan de Animación Sociocultural.
Así comezamos a organizar esta actividade, que se abrirá cunha mostra este sábado, 29 de setembro, con actuacións itinerantes polos diferentes patios da prisión.
Seguidamente, un grupo de internos poderá participar dun obradoiro práctico, todos os sábados, de 11:00 a 13:00, ata finais de decembro.
Iniciativas de participación voluntaria que enchen de vida a prisión. Gracias Trópico de Grelos!