Tecendo Rede

Seminario de educacións en prisión

  • III EDICIÓN - 2022 Procesos e dinámicas para a participación
  • II EDICIÓN - 2020. Educacións en prisión. Sinerxías de acción educativa
  • I EDICIÓN - 2018. Educacións en prisión. Experiencias en Galicia.
Entidades sociais presentes nas prisións galegas

Experiencias educativas

Son moitas as entidades externas que impulsan iniciativas educativas nas prisións galegas. 

Se es unha entidade social que desenvolve proxectos educativos en prisión e queres incorporarte a este espazo escríbenos.

A maioría destas experiencias foron presentadas no Seminario “Educacións en prisión. Experiencias en Galicia”, no que nos xuntamos diversas entidades do sector asociativo e de EPAPUs das prisións para afondar e reivindicar o valor da educación como elemento primordial na función (re)educadora da prisión; analizar os límites e potencialidades das accións educativas neste contexto; e divulgar e compartir as iniciativas que se están a desenvolver en Galicia. O fixemos coa mirada posta en crear unha rede ou dinámica de traballo conxunto que nos permita fortalecer o traballo educativo nas prisións galegas.

Inclúete

Desenvolvemento persoal
Érguete Asociación
CP A Lama

Dirixido a xoves, persoas adultas menores de 30 anos, que están cumplindo o 2º grado penitenciario.

O proxecto desenvólvese de modo grupal ao longo de sesións programadas co obxectivo de consolidar tres competencias: as habilidades persoais e afectivas, a interacción social e o desenvolvemento cognitivo.

Auto-te

Desenvolvemento persoal
Érguete Asociación
CP A Lama e Teixeiro

Dirixido a internos de prisión clasificados en primeiro ou segundo grado.

O programa ten como obxectivo proporcionar as ferramentas necesarias para afrontar a vida con autonomía e confianza, facilitando a resolución de conflitos e situacións persoais de forma non violenta. O programa consta de tres fases, unha primeira de desenvolvemento de conductas socializadoras, a segunda aborda o autocontrol a través do movemento e a terceira baséase no seguimento e preparación para a liberdade. A metodoloxía engloba debates guiados, xogos de roles, técnicas de expresión corporal, exercicios de relaxación…

Súmate

Desenvolvemento persoal
Érguete Integración
CP A Lama

Dirixido a xóvenes, menores de 30.

O programa busca traballar a socialización diferencial nos homes. Se realizan accións individuais e colectivas cun grupo de xoves

Mírate

Desenvolvemento persoal
Érguete Asociación
CP A Lama

Dirixido a mulleres.

Mírate é un programa de intervención socioeducativa dirixido a fomentar, dende unha perspectiva de xénero, o autocoidado e o desenvolvemento e indentidade persoal das mulleres privadas de liberdade. O programa estruturase en sesión individuais e grupais. O nivel individual contempla entrevistas, información e orientación sobre recursos, mediación familiar e o deseño do Plan Individualizado de Intervención. A nivel grupal trabállanse contidos relacionados coa autoestima e o autocoñecemento, as habilidades sociais, a educación emocional e afectivo-sexual, a prevención da violencia de xénero e as habilidades prelaborais.

Comunicadas

Desenvolvemento persoal
Érguete Integración

Dirixido a mulleres presas.

O programa busca potenciar as destrezas comunicativas e habilidades sociais desde a perspectiva de xénero para mellorar a seguridade e fortaleza persoal nun grupo de mulleres privadas de liberdade.

Preparación para a liberdade

Desenvolvemento persoal
Aliad Ultreia
CP Monterroso

Dirixido especialmente a persoas con problemática de drogodependencias e ás que poidan estar a sufrir en maior medida os impactos da prisión.

O cumprimento dunha pena debe ter como obxectivo a educación e a reinserción social. Pero o contexto penitenciario, pola súa natureza de entorno pechado, dificulta a consecución destes obxectivos. Non é doado educar para a vida en liberdade dende o illamento social. Por este motivo Aliad leva anos desenvolvendo en prisión obradoiros grupais, nos que proporcionar un espazo de aprendizaxe e desenvolvemento persoal, traballando temas como: habilidades sociais, autoestima, emocións, equidade de xénero, autocoñecemento persoal, proxectos de vida e recursos.

Menos é máis

Educación para a saúde
CP Bonxe e EPAPU
CP Bonxe

Dirixido á poboación reclusa con problemas de consumo de drogas.

O obxectivo da iniciativa é o de potenciar na poboación reclusa con problemática de drogodependencias a súa identidade como axentes de cambio, a través de charlas que ofrecen en institutos. Coas charlas buscan modificar a percepción social dos centros penais e cambiar as actitudes da adolescencia en relación ao consumo de drogas e as súas consecuencias.

Menos é máis

Educación para a saúde
EPA e CP de Bonxe
CP de Bonxe

Dirixido a centros escolares, coa participación da poboación reclusa

A través deste programa, poboación reclusa no centro penal de Bonxe realizar actividades en centros educativos de sensibilización na prevención do consumo de drogas. Faise dende unha perspectiva experiencial, confiando nas capacidades das persoas presas para promover a reflexión sobre os riscos e as consecuencias do consumo de substancias.

Talleres saúde

Educación para a saúde
Comité Antisida A Coruña
CP Teixeiro

Dirixido á poboación reclusa en xeral.

Os obradoiros que impulsan teñen como obxectivo dotar ás persoas asistentes das ferramentas necesarias para manter unha convivencia sexo-afectiva saudable, tolerante e respectuosa, ademais de adquirir hábitos de vida saudable. As temáticas que abordan son VIH e demais ITS, relacións afectivo-sexuais, mediación, drogas e hábitos aditivos e alimentación saudable.

Proba de Competencias Clave Nivel 2

Inclusión social e laboral
Érguete Integración

Dirixido a poboación reclusa

Curso de preparación para obter o seu certificado en lingua castelá, lingua galega e matemáticas, para facilitar o acceso a formación con certificado de profesionalidade.

Programa Sexualidades

Educación para a saúde
Centros Quérote
CP Teixeiro

Dirixido ás persoas que se atopan próximas ao cumprimento da condena e que en breve sairán de prisión.

A través deste programa desenvólvese un traballo específico relacionado coa diversidade sexual e a erótica, así como cos procesos comunicativos que xeran nas relacións de parella e/ou encontros eróticos. Os contidos abarcan a dimensión intrínseca da persoa como suxeito activo, o coñecemento das emocións, a expresión da erótica e da sexualidade, así como a súa diversidade. Algunhas accións que se levan a cabo son representacións de Role-playing, artes plásticas, Video-Disco-Fórum…

Servizo de orientación sociolaboral e Talleres BAE

Inclusión social e laboral
Érguete Integración

Dirixido a persoas en busca de emprego.

Deseño de itinerarios personalizados de inserción, titorías individualizadas, seguimento e acompañamento, xestión sobre consultas penais; e talleres de deseño de ferramentas para a procura de emprego, habilidades sociais e uso das novas tecnoloxías.

Itínere

Inclusión social e laboral
Érguete Integración
CP A Lama, Teixeiro, Pereiro de Aguiar e Monterroso

Dirixido ás persoas privadas de liberdade ou en proceso de excarceración con perfil para o deseño e implementación dun itinerario personalizado de inserción.

O programa busca que as persoas privadas de liberdade podan adquirir e completar a súa formación e desenvolver as súas habilidades profesionais. Para isto póñense en marcha servizos e actividades como o Servizo de orientación sociolaboral, talleres de busca activa de emprego, formación ocupacional na área de muller, proba de competencias clave nivel 2, Programa Reincorpora INOUT (formación con traballo grupal de accións de posicionamento ante o emprego), Proxecto ABEIRO (formación ocupacional na rama sanitaria) e Proxecto para menores de 30 anos (formación ocupacional e de mellora das habilidades sociais a través da terapia canina).

Paso a paso

Inclusión social e laboral
Aliad Ultreia
CP Bonxe e Monterroso

Dirixido a aquelas persoas que teñen próxima a súa saída en liberdade, especialmente a aquelas en situación de especial dificultade, así como a poboación ex-reclusa.

A través de itinerarios de inclusión social, acompañamos ás persoas reclusas ou ex-reclusas na definición do seu proxecto de vida. Valoramos con ela a súa situación social, familiar, de saúde e formativo-laboral, para poder marcar obxectivos e actuacións para a súa vida en prisión e saída en liberdade. Traballamos por potenciar as súas capacidades e redes de apoio, así como buscar apoios e recursos sociais que melloren a súa situación de cara a saída. Facémolo a través de obradoiros grupais e atención individualizada, dirixida a ofrecer: acompañamento socioeducativo; orientación formativo-laboral; asesoramento xurídico; axuda na xestión de recursos; mediación coas familias e recursos do territorio, etc.

Software libre nos centros penitenciarios de Galicia

Inclusión social e laboral
Asociación de Software libre de Melisa
CP de Monterroso

Dirixido á poboación reclusa en xeral.

O obxectivo desta iniciativa é promover a inserción laboral dos asistentes, ofrecéndolles formación eminentemente e práctica no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación TIC e do software libre. Estendemos que a alfabetización informática é clave no actual mercado laboral para ter oportunidades de acceso ao emprego, ademáis de ser unha vía de socialización e integración nas redes sociais e de recursos.

Preparados, listos, xa!

Inclusión social. Recurso residencial
Aliad Ultreia
CP Bonxe e Monterroso

Dirixido a persoas que teñen dereito a permisos penais pero non teñen vinculación familiar, ben por ser estranxeira ou por non contar con rede de apoio.

Recurso residencial para o desfrute de permisos penais. Leva asociado un traballo de acompañamento socioeducativo, dirixido ao bo aproveitamento dos permisos de cara a preparar a vida en liberdade. Vincúlase tamén ao programa de voluntariado, sendo que as persoas voluntarias convértense en enlace coa cidade e coas redes sociais e de lecer do territorio.

Reincorpora

Inclusión social e laboral
La Caixa, a través de Érguete Integración, APES, Cruz Vermella.
CP A Lama, Teixeiro, Pereiro de Aguiar, Bonxe e Monterroso

Dirixido a internos de centros penais que se atopan na parte final da súa condena.

O programa ofrece aos internos a oportunidade de construír un futuro diferente e totalmente integrado na sociedade a través de itinerarios personalizados. Os participantes melloran as súas habilidades e reforzan os valores que os axudarán no seu camiño cara á integración social e laboral. Estrutúrase nun conxunto de módulos ou fases de intervención: a selección das persoas participantes; o posicionamento ante o emprego; a formación e as prácticas profesionais non laborais; os servicios á comunidade; e a busca activa de emprego e inserción laboral.

Voluntariado en prisión

Ocio, cultura e participación social
Aliad Ultreia e Grupo SEPA da USC
CP Monterroso

Dirixido a persoas e colectivos da cidadanía.

O programa de voluntariado en prisión acolle propostas da cidadanía, de persoas e colectivos, que teñen interese en desenvolver propostas de carácter sociocultural ou físico-deportivas na cadea e contan con experiencia para facelo. Acollemos as propostas, formamos ao voluntariado sobre este contexto, o acompañamos, etc. Isto tradúcese nunha oferta anual de actividades no centro penal, buscando xerar recursos estables e sostidos no tempo. É unha iniciativa de forte potencial tanto polas persoas presas, que teñen maiores oportunidades de acceso á cultura, participación e o establecemento de relacións sociais; como para as persoas voluntarias, para as que é unha experiencia de compromiso, de aprendizaxe e de vida.

Programa de atención e asistencia en cárceres

Inclusión social. Recurso residencial. Terapéutico
Remar

Persoas en situación de exclusión social e persoas con problemática de drogodependencias.

O programa busca traballar a reinserción da poboación reclusa, ofrecendo un recurso para o destrute de permisos penais e primeiros momentos de liberdade. Supón un forte acompañamento á persoa, na adquisición de patróns de vida que favorezan a súa vida en liberdade. No caso do traballo con persoas drogodependente o programa consta de varias fases: desintoxicación-recuperación; rehabilitación; e reinserción.

Radio comunitaria LibreMente

Ocio, cultura e participación social
Aliad Ultreia, Grupo SEPA da USC, Melisa e Cuac.Fm
CP Monterroso

Dirixido á poboación reclusa en xeral.

Formación a un grupo de persoas presas para o impulso da radio. O proxecto defínese co grupo, ao que se prepara para non só para a produción dos programas senón tamén para a xestión da radio. A radio ten unha perspectiva comunitaria, buscando vertebrar diferentes iniciativas da prisión e promover o intercambio co exterior.

Proxecto voluntariado desde dentro

Ocio, cultura e participación social
APES
CP Pereiro de Aguiar

Dirixido á poboación reclusa en xeral.

É unha iniciativa para promover e dar a coñecer entre a poboación reclusa de Galicia o voluntariado como unha alternativa de lecer positivo, axudando na súa reinserción a través de accións solidarias que achegan á comunidade. O programa consiste en implicar a persoas que cumpren condena para que poidan colaborar, en actividades puntuais, con entidades sen ánimo de lucro da comunidade.

Engánchate ao voluntariado

Ocio, cultura e participación social
APES
CP Pereiro de Aguiar

Dirixido á poboación reclusa e a estudantes de 4º da ESO de centros educativos de Ourense.

Prepárase a un grupo de persoas que cumpren condena no centro penal de Ourense para transmitir a súa experiencia de vida a alumnos e alumnas, ao mesmo tempo que propoñen ao alumnado a participación en actividades de voluntariado. O proxecto finaliza coas accións voluntarias que realizan alumnos e alumnas colaborando con entidades sociais ou institucións que prestan atención a persoas en situación de vulnerabilidade social.

Plan de animación sociocultural

Ocio, cultura e participación social
Aliad Ultreia e Grupo SEPA da USC
CP Monterroso

Dirixido á poboación reclusa en xeral.

O plan articula as iniciativas de dúas liñas de traballo que buscan potenciar a dimensión educativa da prisión. A primeira, mellorando a información e coordinación entre as iniciativas do centro, realizando accións de apoio e reforzo á escolaridade, e impulsando accións formativas e de traballo en rede entre as entidades que traballamos en prisión. A segunda, promovendo a participación e o intercambio coa comunidade, a través de proxectos de voluntariado de carácter sociocultural e deportivo, a recuperación de espazos exteriores para a práctica de actividades de ocio en verán, e a radio comunitaria LibreMente.

Programa de asesoramento educativo

Reforzo á escolaridade
Aliad Ultreia e Grupo SEPA da USC
CP Monterroso

Dirixido á poboación reclusa en xeral.

Asesoramento educativo co que se pretende informar, sensibilizar e motivar á poboación reclusa a participar nos procesos educativos escolares e sociais existentes na prisión, incrementando o seu acceso á EPAPU do centro ou ás iniciativas de formación para o emprego que se ofertan. O que busca é ofrecer un apoio baseado en: sistematizar a oferta educativa do centro penal e itinerarios formativos; elaborar materiais de información (tríptico e panel); e impulsar iniciativas de información, asesoramento e motivación á escolaridade, combinando a atención individualizada e obradoiros grupais.

Muller e reclusa

Ocio, cultura e participación social
APES
CP Pereiro de Aguiar

Dirixido a mulleres.

Está destinado especificamente a potenciar a motivación persoal do colectivo de mulleres reclusas, mellorando as súas competencias persoais e sociais a través da organización de actividades variadas, impulsadas directamente por APES ou en colaboración con outras entidades.

Proxectos de desenvolvemento sostible

Reforzo á escolaridade
EPAPU de Monterroso
CP Monterroso

Dirixido ás persoas matriculadas na EPAPU.

Nas súas diversas edicións, a través de proxectos europeos e coa colaboración de SOGAMA, desenvolven diferentes proxectos que teñen como dimensión de fondo promover a sostibilidade ambiental. Destaca o horto ecolóxico, campañas sobre alimentos, obradoiros de elaboración de bolsas reutilizables a partir de roupa usada, etc.

Programa de competencias educativas

Reforzo á escolaridade
ASEDUC
CIS Carmela Arias e Díaz de Rábago

Dirixido a persoas do CIS.

O programa parte dunha proba de nivel para determinar os obxectivos de cada persoa participante. Ofrece reforzo escolar que engloba apoio educativo, exercicios de memoria e atención, mellora das aprendizaxes e mellora da comprensión lectora e das habilidades básicas intelectuais. Tamén forman parte deste programa a aprendizaxe a través do xogo e a preparación de probas libres de diferentes niveis.

Programa de atención integral a enfermos mentais (PAIEM)

Sociosanitario – Terapéutico
Alume, APEM, Lenda de Redondela, Morea
Todos os centros penais

Dirixido a persoas presas que teñan un trastorno mental severo.

É un programa global de atención á enfermidade mental, con especial énfase na práctica a través de actividades terapéuticas e profesionais específicas. As accións terapéuticas inclúen, pola súa importancia rehabilitadora, as dirixidas a conseguir, na medida do posible, a recuperación das capacidades persoais, o aumento da súa autonomía persoal, a súa calidade de vida e a súa adaptación ao medio, evitando así deterioro psicosocial, e facilitando a adquisición e desenvolvemento por parte do paciente de habilidades, recursos e aprendizaxes que axudan ao seu desenvolvemento persoal, familiar, social e laboral.

Programa de intervención con drogodependientes

Sociosanitario – Terapéutico
Asfedro
CP Teixeiro e CIS Carmela Arias y Díaz de Rábago

Dirixido á poboación reclusa con problemática de drogodependencia.

O obxectivo do programa é colaborar cos destinatarios no seu proceso de desenvolvemento integral como individuos co fin de favorecer o seu proceso de incorporación social, mellorando o acceso ao tratamento, diminuíndo os factores de risco e ofrecendo a oportunidade de acollerse a medidas alternativas a prisión. Para isto lévanse a cabo entrevistas individuais, coordinación con diferentes profesionais e conexións coas familias, control e seguimento de medidas extrapenitenciarias e realización de itinerarios personalizados de inserción.

Atención integral a persoas con discapacidade intelectual

Sociosanitario – Terapéutico
FADEMGA

Dirixido a persoas con discapacidade intelectual.

O presente programa responde á necesidade de prestar unha atención individualizada e específica. Entre as accións que se desenvolven no mesmo está coordinar, orientar e asesorar as actuacións dos profesionais implicados nos distintos ámbitos de intervención; buscar, desenvolver e fomentar alternativas de reinserción, evitando os ingresos en centros penais; establecer medidas de prevención de conductas antisociais en situación de alto risco e promover a reinserción familiar, social, laboral e persoal dos usuarios.

Prevención, asesoramento e apoio emocional en VIH/SIDA

Sociosanitario – Terapéutico
Comité Antisida Ourense
CP Pereiro de Aguiar

Dirixido a poboación reclusa en xeral e afectados por VIH-SIDA.

O traballo enfócase en dar unha resposta ao VIH/SIDA no medio penitenciario, polo que a través de accións de prevención, asesoramento e apoio emocional en VIH/SIDA.

Terapia asistida con animais (TACA)

Sociosanitario – Terapéutico
Globus natura. TerOcu. ASEDUC.
CP de Bonxe, CIS Carmela Arias e Díaz de Rábago, Teixeiro, Monterroso.

Dirixido a poboación reclusa con problemática de saúde mental, benestar emocional ou relacional.

A través da terapia asistida con cans trabállanse aspectos como a estimulación motora e da memoria, a atención e concentración, a estimulación da linguaxe e a capacidade de expresión, o traballo en equipo, o respecto cara as persoas e os animais, a redución da ansiedade e o control de impulsos, a autoestima e a empatía… Realízanse sesións terapéuticas grupais, sesións que son máis lúdicas e outras de inicio para introducir aos animais e crear un ambiente propicio para a aprendizaxe. Nalgúns centros limítase a accións de coidado dos animais.

Comunidades terapéuticas e educativas (UTE)

Sociosanitario – Terapéutico
Proxecto Home Ourense. Equipos dos centros penais.
CP Pereiro de Aguiar, Monterroso, Teixeiro, A Lama

Dirixido a persoas con problemática de drogodependencias en proceso de deshabituación.

Son módulos independentes que acollen internos nun programa completo de adicción a drogas. Créase un espazo socioeducativo e terapéutico, promovendo cambios nos hábitos, actitudes e valores dos internos residentes. Desenvólvese unha intensa acción educativa para que os internos poidan alcanzar o autocontrol, a autoestima, a confianza, a responsabilidade, a motivación e o uso do tempo libre para atopar satisfacción persoal e o abandono de condutas adictivas. Considérase fundamental o desenvolvemento de áreas dirixidas a motivar o cambio, a aprendizaxe social, destacando a aprendizaxe de habilidades sociais, a educación para a saúde e a formación e orientación sociolaboral.

gl_ESGalician