Selección de proxectos de voluntariado xuvenil.

Admin GaliciaDigital
  • 12 de Marzo de 2018
  • 0 Comments

O Comité Mixto reunímonos para valorar as propostas de voluntariado xuvenil. Chegaron 7 propostas diferentes. Estamos moi agradecidas a todas aquelas persoas que amosaron a súa disposición a reducir os muros das cadeas a través da súa participación voluntaria, unha mostra da xuventude implicada e comprometida coa que contamos.

Destas propostas seleccionamos 3, valorando a calidade do proxecto, o interese para as persoas reclusas e a experiencia das persoas voluntarias. Quedamos moi contentos de poder incorporar no centro un proxecto de cine, un de música e outro de comunicación e xestión da voz.

Coñece as propostas seleccionadas.

gl_ESGalician