Hoxe nos reunimos coa equipa de goberno do concello de Monterroso co obxecto de afianzar a que consideramos unha das liñas fundamentais do Plan de ASC: a incorporación da prisión nos circuítos sociocultruais municipais, entendéndoa como unha institución máis do Concello de Monterroso, que aglutina a unha cidadanía que ten o dereito a recibir e participar da súa oferta socioeducativa e cultural.
Esta apertura do centro establécese por dúas vías: por unha banda, a través da colaboración co Concello de Monterroso, dirixido a incorporar a prisión aos circuítos socioculturais municipais; por outra, motivando á participación cidadá, das persoas e colectivos do Concello, para que poidan realizar proxectos ou actividades de carácter educativo, cultural, deportivo… no centro.
O sentir co que saimos desta reunión é moi positivo, polo interese que hai por parte do Concello por avanzar nesta liña. Ímonos con tarefas pendentes, de contacto e sondaxe entre as asociación do Concello, co obxecto de volver reunirnos máis adiante para acabar de concretar as canles desta colaboración.