Hoxe tivemos a reunión de arranque da iniciativa de radio. Todas as entidades implicadas reunímonos para concretar a proposta e planificar a formación. Acollidos en Melide por Jorge da Asociación Melisa, xuntámonos Roberto e Mariano de Cuac.FM, Carmen e Germán do grupo SEPA da USC, e Julia e María de Aliad Ultreia.
Un encontro de traballo moi operativo pero tamén moi comunitario, onde tivemos tempo para a conversa, para comparti ilusións, para falar do que importa e… filosofear e desfrutar da gastronomía galega.
![](https://ascprision.es/wp-content/uploads/2024/03/ed717e_7a9eee3d20ac4c28bcf83c304d15dd12mv2.webp)