Primeiro episodio de LibreMente da tempada, o arte de construir coa natureza

ASC Prision
  • 7 de Febreiro de 2025
  • 0 Comments

Vivimos nun mundo onde a sostibilidade convertiuse nunha necesidade en vez dunha  opción, por iso, sectores como a da bioconstrucción álzanse como unha alternativa moi viable para quen busca vivir en armonía coa contorna.

É por iso que dende LibreMente, podcast realizado dende o Centro Penitenciario de Monterroso, quixemos abordar este tema cun convidado moi especial. Breogán Udías, carpinteiro de profesión, é experto na materia da bioconstrucción, construíndo a súa propia casa mediante técnicas artesás usando materiais naturais como a madeira, a palla ou a cal.

Durante a entrevista, Breogán compartiu os beneficios e o proceso deste estilo de edificación e resolveu todas as nosas dúbidas. Ramón e Francisco, encargados esta vez de conducir as preguntas, puxeron sobre a mesa cuestións moi interesantes sobre o clima, a venta de casas bio, a calidade de vida e a profesión de artesán.

Podes escoitar o episodio completo en iVoox a través de este link: https://www.ivoox.com/entrevista-a-breogran-udias-bioconstruccion-galicia-audios-mp3_rf_139386340_1.html

¡Non o perdas!

gl_ESGalician