Participa

Esta iniciativa é posible gracias a implicación da comunidade

Unha experiencia sustentada na participación comunitaria

· Da comunidade-prisión, composta polas persoas presas, por profesionais do centro e de entidades externas colaboradoras, que participan na análise das súas realidades, na elaboración do Plan de Animación Sociocultural e nas iniciativas impulsadas.

· Da comunidade local, do concello de Monterroso, dende as administracións á cidadanía, que avanza por entender a prisión como unha entidade máis do territorio á que é preciso achegar a oferta sociocultural do concello.

· Da comunidade máis ampla, conformada por todas aquelas persoas e colectivos galegos preocupados polo que acontece coas prisións e coas persoas que nelas moran, que impulsan de forma voluntaria proxectos deportivos, formativos e culturais, que acrecentan as posibilidades de participación e educación en prisión.

Posibilidades de participación tan diversas como diversas somos as persoas

Desenvolvendo proxectos formativos, culturais ou deportivos

Preferentemente en horario de tarde, que é cando hai menos actividade. ​ Propostas de calidade, estables, que promovan a participación activa das persoas presas.

Achegando a oferta cultural do territorio

Supón entender a prisión como un espazo máis da nosa comunidade, ao que achegar a cultura. ​ Grupos musicais, asociacións culturais e deportivas, etc., colaboran coa prisión nesta liña.

Ofrecendo actividades de reforzo educativo ​

En coordinación coa escola do centro, entendendo a formación básica como elemento clave no desenvolvemento persoal e de integración social.

Reflexionando, investigando, formándo(te) e reivindicando a educación en prisión

Para persoas con inquedanzas por este contexto, comprometidas co cambio cara un novo modelo de prisión.

Escríbenos coa túa proposta!

    gl_ESGalician