Conversar coa música, aprender a escoitala con maior sensibilidade, achegarse a diferentes estilos musicais, ser parte, facer música, experimentala a través do corpo, aproveitar o saber previo dos presos que participan, as súas cualidades artísticas, compor, crear as súas propias composicións, grupais, colaborativas, compartilas co resto dos presos e encher a prisión de música. Iso é o que Susana Ratón Varela e Lorena Varela Amboague están a impulsar, de forma voluntaria, na prisión de Monterroso, os martes pola tarde, ata o mes de novembro.