
Neste episodio de Libremente sentámonos a falar con Eva e Carmen, dúas integrantes de Alcohólicos Anónimos que comparten con nós a súa experiencia persoal e o que descubriron ao formar parte deste grupo de apoio.
A entrevista non se centra só na súa historia co alcohol, senón que nos permite coñecer como funciona AA desde dentro: como son as reunións, quen pode asistir, que significa traballar os Doce Pasos ou cal é a importancia de sentir que non estás soa fronte a unha adición.
Ademais, descubrimos aspectos menos coñecidos desta organización que leva 90 anos funcionando en todo o mundo, como que se autofinancia ou que non pertence a ningunha relixión nin institución pública ou privada. Todo está pensado para garantir o anonimato, a liberdade persoal e a seguridade de quen acode buscando axuda.
Se algunha vez escoitaches falar de Alcohólicos Anónimos e tivo para ti un aire misterioso ou cheo de prexuízos, este episodio axudarache a entender mellor que é e a quen pode axudar. Porque, como din Eva e Carmen, “só fai falta unha cousa para asistir: querer deixar de beber”.
Escoita a entrevista completa aquí → https://www.ivoox.com/entrevista-alcoholicos-anonimos-audios-mp3_rf_146147496_1.html