A prisión é parte da comunidade!

Admin GaliciaDigital
  • 23 de Xullo de 2018
  • 0 Comments

Hoxe reunímonos de novo coa equipa de goberno do Concello de Monterroso.

O Concello estableceu contacto coas diferentes entidades culturais e deportivas para sondear o seu interese en participar na prisión. A resposta non podía ser mellor: a Asociación deportiva de Monterroso, Falcatrueiros, a Coral, 25 Xastres, Entropía Kolk…, entidades que dan vida ao concello de Monterroso, fixeron as súas propostas para dar vida tamén á prisión, recoñecéndoa como un espazo máis da súa comunidade.

Así mesmo, hai unha predisposición por parte do propio Concello por establecer unha colaboración estable, baseada na coordinación e apoio financieiro, un compromiso estable por achegar a cultura á prisión de Monterroso.

gl_ESGalician