Antártida, continente extremo

ASC Prision
  • 16 de Abril de 2025
  • 0 Comments

No mes de abril continuamos  coas Aulas Abertas no centro penal de Monterroso. Motivar para aprender, para fomentar a curiosidade por SABER segue sendo o obxectivo final destos encontros. 
Tivemos a sorte de contar cun experto en bioloxía e ecoloxía que nos ofreceu unha visión profunda sobre como os animais e as plantas se adaptan ás duras condicións antárticas. Luis SamPedro, explicounos como especies como os pingüíns, focas, diferentes tipos de aves logran sobrevivir ao frío intenso, á falta de luz solar e á escaseza de recursos. Centrouse sobretodo na súa especialidade que son as plantas e explicounos como el foi alí a observar os comportamentos das pulgas de praia, as mesmas que nos atopamos aquí nas costas só que engadindolles o detalle de que soportan unhas temperaturas moi diferentes (extremas) ás que se atopan no resto do planeta. 

A charla abarcou dende os primeiros estudos sobre a biodiversidade na Antártida ata as últimas investigacións sobre a adaptación das especies ao cambio climático. Descubrimos como a flora, limitada en variedade, consegue medrar nun ambiente tan hostil grazas a mecanismos de resistencia ao frío ao igual que a fauna, que se foi adaptando pouco a pouco á hostilidade daquel lugar. Ao final, palabras de Luis, “ou te extingues ou te adaptas”. 

Como en otras ocasións, foi unha gran oportunidade para afondar no coñecemento deste enigmático e afastado continente, utilizando un enfoque claro e accesible que nos axudou a entender mellor a complexidade da vida na Antártida. 

Dende aquí, o noso agradecemento á Misión Biolóxica de Galicia pola súa colaboración nesta iniciativa.

Artigo de Lucía Fernández. Alumna en prácticas de 4º de Educación Social.

gl_ESGalician