Co inicio do ano, comezamos tamén coas primeiras reunións de entidades sociais e educativas que desenvolven programas nas prisións galegas co fin de conformar unha rede de traballo.
Unha oportunidade para coñecernos, para atopar obxectivos comúns, para reflexionar e unir forzas.
No contexto prisión coexisten múltiples liñas de acción educativa que pasan dende a educación formal nas escolas ata os diversos programas de intervención socioeducativa.
É por isto que, nunha aposta polo papel (re)educador que a lexislación atribúe ás prisións, falamos de Educacións, en plural, nun esforzo por reivindicar o valor que se merecen empregando o traballo conxunto e coordinado para facelo.