· Da comunidade-prisión, composta polas persoas presas, por profesionais do centro e de entidades externas colaboradoras, que participan na análise das súas realidades, na elaboración do Plan de Animación Sociocultural e nas iniciativas impulsadas.
· Da comunidade local, do concello de Monterroso, dende as administracións á cidadanía, que avanza por entender a prisión como unha entidade máis do territorio á que é preciso achegar a oferta sociocultural do concello.
· Da comunidade máis ampla, conformada por todas aquelas persoas e colectivos galegos preocupados polo que acontece coas prisións e coas persoas que nelas moran, que impulsan de forma voluntaria proxectos deportivos, formativos e culturais, que acrecentan as posibilidades de participación e educación en prisión.